Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Javier Martín presenta o seu espectáculo de danza no Gabriel García Márquez de Mera

 Oleiros, 1 de decembro de 2021-. Javier Martín presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o espectáculo Figuras do Limiar. 

Figuras do limiar é o título do novo proxecto de Javier Martín, coreógrafo e bailarín galego con 15 anos de traxectoria profesional, recoñecido polas súas achegas innovadoras ás artes do movemento, a procura de novas linguaxes, o traballo investigador, a improvisación como rigor escénico e o encontro con outras disciplinas artísticas.
 
Un limiar refírese ao tránsito. Ao concepto de «cruzar o limiar», característico dos ritos e cerimonias de paso, e presente en innumerables culturas desde tempos antigos e que sempre implica un corpo en movemento nun acontecemento feito danza social. O famoso arquetipo do «gardián do limiar» refírese a aquelas figuras que adquiren as formas dos nosos medos máis íntimos: gardan o limiar pero non para negarnos a entrada, senón para animarnos a vivir o labirinto oportuno que fai posible a transformación e, polo tanto, o paso. É necesario vestir as peles das bestas, habitar as máscaras. Vibrar coa forma do monstro, disolverse no outro e incorporar a diferenza.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, a 2,50 euros, ata completar a capacidade permitida da sala. A obra está recomendada para un público adulto. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza