Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello organiza campamentos para nenos e nenas durante o Nadal

 Oleiros, 2 de decembro de 2021-. Os nenos e nenas de entre 6 e 11 anos teñen a posibilidade de participar entre os días 27, 28, 29 e 30 de decembro no Campa Nadal, unha actividade que se desenvolverá en horario de 9:00 a 14:00 horas nos colexios Isidro Parga Pondal, e A Rabadeira. Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das nais e dos pais, o Concello oferta 100 prazas para esta actividade coa que tamén se procura fomentar os hábitos de vida saudables, as habilidades artísticas e os valores positivos.

O prazo de preinscrición está aberto ata o vindeiro día 10 de decembro e poderase facer enviando a folla de inscrición que pode atoparse na web municipal, no apartado de Ensino e Xuventude, a ensino@oleiros.org ou entregándoa presencialmente na Fábrica, en horario de mañá.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza