Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Contratadas as obras do novo aparcadoiro público de Bastiagueiro

Foron contratadas por 339.348,40 euros as obras de creación dun aparcadoiro público nos terreos municipais existentes xunto á nova pista de patinaxe de velocidade, na marxe dereita da avenida Ernesto Che Guevara dirección Santa Cruz. Con esta obra está previsto ordenar toda esta zona, dotándoa de árbores e creando 179 prazas de estacionamento, das que 10 quedarán reservadas para persoas con diversidade funcional.

O Concello ofrece 14 espectáculos culturais durante os 3 próximos meses

A programación cultural do Concello de Oleiros para os meses de febreiro, marzo e abril comeza o vindeiro sábado día 5 de febreiro co primeiro concerto do Ciclo de Música Voces Cálidas para noites de inverno. Actuará a galega Dani, no auditorio da Fábrica ás 20:30 horas.

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de febreiro

Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de febreiro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Icía Río representará a Oleiros en Bruxelas nunhas xornadas sobre Axenda 2030

Icía Río Fernández, veciña de Dexo de 16 anos, será a representante do Consello Climático Xuvenil do Concello de Oleiros nas xornadas formativas sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. Esta actividade vai desenvolverse en Bruxelas os días 29 e 30 de marzo.

O pleno aproba novas obras por importe de 1,2 millóns

O pleno municipal aprobou as obras a incluír no Plan de obras e servizos da Deputación da Coruña que suman 1.239.503,58 euros. En concreto, trátase da renovación do céspede no campo de fútbol Eugenio Pardo Conchado; pavimentación e renovación de redes nas rúas Fraternidade e Amizade; creación de nova aula de estudo en Rialeda; acondicionamento da rúa Subiña e da rúa Fonte Cuba e reparacións no peche exterior do Parque José Martí.

O Concello organizará festa de entroido, ao aire libre, con orquestra e concurso de disfraces

O Concello de Oleiros organizará unha festa de entroido ao aire libre, con orquestra e concurso de disfraces. Será o sábado 5 de marzo en Perillo, na polideportiva da avenida da II República, e comezará a media tarde.

O Concello organiza unha visita guiada á exposición de Peter Lindbergh

O venres 25 de febreiro o Concello de Oleiros vai organizar unha visita guiada á exposición Peter Lindbergh. Untold Stories. A vindeira semana abrirase o prazo de inscrición para todas as persoas interesadas en participar.

O 1 de febreiro abre Servizos Sociais e Igualdade en Villa Etcheverry

Villa Etcheverry, ademais de continuar prestando servizo como centro social para persoas maiores e casa de préstamo para a mocidade, funcionará a partir do vindeiro 1 de febreiro como novo punto de atención municipal de Servizos Sociais e Igualdade. O horario de atención ao público deste centro será o mesmo que o das demais dependecias municipais, de luns a venres de 9 a 14 horas.

Inminente contratación do tramo de beirarrúas pendente en Arillo

A vindeira semana o Concello abrirá a licitación da obra da última fase do carril bici e das beirarrúas en Arillo, na estrada que vai de Santa Cruz a Mera. Esta obra ten un custo de 209.897,28 euros, que cofinancia a Xunta de Galicia nun 90% por tratarse dunha estrada autonómica.

Autobús gratuíto para asistir en Santiago á última obra do Centro Dramático Galego

O venres 11 de febreiro un autobús gratuíto sairá da Fábrica para asistir á representación da obra A Peste no Salón Teatro, en Santiago de Compostela. A saída está programada para as 18.00 horas e o regreso sobre as 23.00 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza