Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello organiza clubs de lectura virtuais

 Oleiros, 16 de setembro de 2021-. Unha tempada máis, haberá clubs de lectura virtuais desde as bibliotecas municipais de Oleiros. A xornalista Cecilia Monllor e o persoal das bibliotecas municipais coordinarán esta actividade. 

Nos clubs de lectura realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura. O principal obxectivo é animar a ler, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poida enriquecer os diferentes puntos de vista existentes.
 
As inscricións abriranse a partir da próxima semana na Biblioteca Central Rialeda e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz. Poderán realizarase a través dos teléfonos 981 639 511 e 981 626 338, presencialmente nas bibliotecas ou en liña nesta ligazón http://xurl.es/nb8xf.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza