Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello de Oleiros reclamará os danos ocasionados polo xabaril á Xunta de Galicia

 Oleiros, 16 de setembro de 2021-. O Concello de Oleiros está a realizar as valoracións oportunas para reclamarlle á Xunta de Galicia os danos provocados polo xabaril nos parques e vías públicas do municipio

O xabaril está arrasando cos parques públicos e espazos naturais de lecer do Concello, especialmente nas zonas da Nirvana, Parque Luis Seoane, Parque 13 Rosas ou as marxes da Avenida Che Guevara, entre outras. Os danos están sendo contabilizados e cuantificados polos técnicos do Concello de Oleiros para reclamarlle á Xunta de Galicia os danos ocasionados.

Plumachos

A herba da pampa segue a provocar numerosos problemas debido á súa rápida reprodución. Desde o Concello de Oleiros emprázase a todas as persoas propietarias de solares e fincas nas que proliferen os denominados “plumachos” a que os retiren.

Roubos en Oleiros

Nos últimos días déronse varios roubos de cable de cobre, en naves e vivendas  no municipio polo que desde o Concello de Oleiros solicítase colaboración cidadá para denunciar estes actos ante a Policía Local. Neste sentido, ínstase á veciñanza a que ante calquera situación rara se poñan en contacto coa Policía Local  e co Concello coa garantía da protección dos seus datos de carácter persoal.

Obra da rotonda da Chasqueira

Nos próximos días comezará a demandada obra da rotonda da Chasqueira en Iñás, eliminando así un punto negro con pouca visibilidade viaria. Esta é unha obra moi importante para o Concello de Oleiros no relacionado coa mobilidade urbana, especialmente para a zona de Iñás que conecta con Pravio. O Alcalde de Oleiros e Deputado Provincial anunciou que nos próximos días terá lugar o replanteo a obra.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza