Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Apertura de prazo de inscrición nos Obradoiros Culturais do Concello de Oleiros: teatro, olería e artes plásticas

 Oleiros, 17 de setembro de 2021-. O próximos días 22, 23 e 24 de setembro abrirase o prazo de inscrición para os obradoiros culturais de teatro, olería e artes plásticas.

Obradoiro de Teatro
O Departamento de Cultura abre o mércores 22 de setembro o prazo de inscrición para os Obradoiros de Teatro dirixidos a nenos/as, xóvenes e persoas adultas e que terán lugar no Teatro As Torres de Santa Cruz a partir do mes de outubro.
 
Os grupos infantil e xuvenil serán os sábados pola mañá, e para maiores de idade serán os luns e xoves en horario de tarde.
 
Para formalizar a inscrición é preciso enviar un correo o propio mércores 22 a partir das 10.00 horas a r.caparros@oleiros.org, indicando o nome e apelidos e o grupo para formalizar inscrición.
 
Obradoiro de Olería
O xoves 23 de setembro ábrese o prazo de inscrición para os Obradoiros de Olería dirixidos a nenos/as, xóvenes e persoas adultas e que terán lugar no Alfar situado nas Torres de Santa Cruz a partir do mes de outubro.
 
Os grupos infantil e xuvenil serán os sábados pola mañá, e para maiores de idade será os luns e martes en horario de tarde.
 
Para formalizar a inscrición é preciso enviar un correo o xoves 23 a partir das 10.00 horas a r.caparros@oleiros.org, indicando o nome e apelidos e o grupo para formalizar inscrición.
 
Obradoiros de Artes Plásticas
O venres 24 de setembro ábrese o prazo de inscrición para os Obradoiros de Artes Plásticas dirixidos a nenos/as de Educación Primaria e que terán lugar os martes en horario de tarde na Escola O Castaño a partir do mes de outubro.
 
Para formalizar a inscrición é preciso enviar un correo o venres 24 a partir das 10.00 horas a r.caparros@oleiros.org, indicando o nome e apelidos e o grupo para formalizar inscrición, de 16.30 a 18.00 horas ou de 18.00 a 19.30 horas.
 
No proceso de inscrición terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
 
Máis información no Departamento de Cultura na Fábrica (Rúa do Inglés, nº 13 – 15172 Perillo), nos teléfonos 981 610 000 (Extensións 4915 e 4916) e 981 636 598, ou no enderezo electrónico a r.caparros@oleiros.org
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza