Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Curso de manexo de móbiles para persoas maiores de 60 anos en novembro

 Oleiros, 19 de outubro de 2021-. Está aberto o prazo de inscrición para un curso de manexo de móbiles de 30 horas dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. A oferta deste obradoiro está enmarcada dentro do programa de “Alfabetización dixital” organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

Nestes cursos aprenderase de forma práctica, amena e guiada a utilizar e aproveitar as posibilidades que ofrecen os smartphones, proporcionando benestar persoal, ocupando o tempo de lecer e a súa relación co entorno. A persoa participante desenvolverá habilidades básicas no manexo de móbiles, aplicando as novas tecnoloxías á súa vida, axeitándoas ás súas necesidades e desenvolvendo a capacidade de seguir aprendendo por si mesmo.
 
As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites en liña, ata as 20:00 horas do 22 de outubro. Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Servizos Sociais e Igualdade.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza