Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
Dende Outubro 2010

Bus nocturno para as festas de Santa Cruz

Para facilitar unha mobilidade segura durante as festas de Santa Cruz, haberá unha liña de autobús nocturna hoxe, mañá e o luns. O bus sairá desde a rotonda do centro de Santa Cruz ás 3:30 horas e continuará o seu traxecto habitual coas paradas ordinarias ata o centro da cidade da Coruña.

Aberto o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Surf

Está aberto ata o día 31 de agosto o prazo de inscrición para apuntarse á Escola Municipal de Surf. Ofértanse prazas para rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2002 e 2010.

Aberto o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Golf

Está aberto ata o día 31 de agosto o prazo de inscrición para apuntarse á Escola Municipal de Golf. Ofértanse 80 prazas para rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2005 e 2012.

O luns abre o prazo de inscrición para unha nova ruta de sendeirismo do programa Ven e Descubre

Os veciños e veciñas maiores de 60 anos interesados en participar na ruta de sendeirismo do programa Ven e Descubre ao Fuciño do Porco poden inscribirse a través da sede electrónica da web municipal desde o vindeiro luns 22 de agosto. Aquelas persoas con dificultade para acceder á inscrición en liña poden dirixirse de forma presencial ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade.

Novas actuacións musicais en Mera e Santa Cristina este sábado

O sábado 20 de agosto, entre as 20:30 e as 22:30 horas, haberá novas actuacións musicais englobadas no programa Música na Rúa. O grupo Huckleberry Friend actuará fronte ao Debén e 3 camioneiros estará na praza Afundida, en Santa Cristina. O grupo #dosenpunto tocará nas terrazas da praia, en Mera.

O Concello realiza un curso de fotografía e edición dixital para a mocidade

Do 22 de agosto ao 2 de setembro, de luns a venres, entre as 10:00 e as 12:00 horas, o Concello organizará un curso de fotografía e edición dixital na Casa da Mocidade Portaberta. É unha actividade gratuíta dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos.

Actuacións musicais este sábado en Mera, Santa Cristina e Santa Cruz

O sábado 13 de agosto, entre as 20:30 e as 22:30 horas, haberá novas actuacións musicais englobadas no programa Música na Rúa. O grupo Rockson actuará fronte á Tremenda e Alda Varez & Richi Ponce estará próximo ao Hotel Aldi, en Santa Cristina. O grupo Calle Rumba tocará na zona do porto de Santa Cruz. La 5ta máquina situarase na praza Ana Kiro, en Mera.

O Concello abordará diversas melloras no Colexio Valle Inclán

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e a concelleira de Ensino, María José Santos Zas, reuníronse no día de onte con representantes da ANPA do Colexio Valle Inclán. Atendendo ás súas peticións, o Concello abordará diversas actuacións de mellora no recinto escolar.

Novo corte de tráfico a noite do xoves ao venres na avenida Che Guevara

Para continuar coas obras de mellora das redes de auga e saneamento previas ao asfaltado da avenida Ernesto Che Guevara, será preciso efectuar un novo corte nocturno nun dos carrís de circulación, á altura do rego de Bastiagueiro. Será a noite do xoves ao venres, de 23:00 a 7:00 horas. O tráfico será desviado polo carril contrario, que pasará a ser de dobre sentido alternativo de circulación, quedando regulado mediante semáforos.

Alfaroleiros continúa ata o domingo con concertos, obradoiros, demostracións de cociña, xogos...

A XXVIII edición de Alfaroleiros finalizará este domingo. Ata entón, os 22 alfares participantes estarán vendendo as súas pezas en horario de 10:00 a 22:00 horas. Ademais, durante toda a fin de semana haberá numerosas actividades paralelas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza