Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Publicacións
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
   

Publicacións

     

O deporte en Oleiros

O deporte sempre foi para o Goberno que presido un asunto prioritario e por iso, sentímonos moi orgullosos da alta participación e da cualificación acadada pola nosa mocidade e por aquelas persoas non tan novas nas múltiples prácticas deportivas que en Oleiros se levan a cabo... Ángel García Seoane. Alcalde de Oleiros

Berce de artistas

Esta publicación pretende ser unha mostra de vida. Un reflexo da sabiduría herdada de pais a fillos. Un intento por plasmar sobre o papel as facianas e as voces dos que hai anos iniciaron un longo percorrido en Oleiros coa única intención de dar a coñecer a riqueza e a diversidade dunha terra comprometida coa súa memoria histórica. Unha sembranza empapada de cultura popular, de costumes arraigados e de tradición xeracional, pero tamén rebosante de futuro, de novas tendencias, de estilos que conforman o panorama actual bebendo do pasado, pero coa ollada nun futuro certo, sólido e prometedor.

A herdanza do pobo

Grazas a un incesante traballo derecuperación da nosa memoria histórica, repleto de incontables xestións burocráticas, trámites,convenios e acordos, non sen máis dun atranco durante o longo camiño percorrido, na actualidade Oleiros pode presumir de contar cun extenso e rico inventario patrimonial a servicio dos veciños que residen no termo municipal, integrado no acontecer da vida diaria como sede e refuxio dunha ampla oferta de prestacións sociais, culturais, deportivas ou ambientais.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza