Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

O martes abre o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Golf

O vindeiro martes 16 de agosto abre o prazo de inscrición para apuntarse á Escola Municipal de Golf. Ofértanse 80 prazas para rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2005 e 2012. O trámite terá que realizarse a través da sede electrónica.

O Concello abordará diversas melloras no Colexio Valle Inclán

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e a concelleira de Ensino, María José Santos Zas, reuníronse no día de onte con representantes da ANPA do Colexio Valle Inclán. Atendendo ás súas peticións, o Concello abordará diversas actuacións de mellora no recinto escolar.

Novo corte de tráfico a noite do xoves ao venres na avenida Che Guevara

Para continuar coas obras de mellora das redes de auga e saneamento previas ao asfaltado da avenida Ernesto Che Guevara, será preciso efectuar un novo corte nocturno nun dos carrís de circulación, á altura do rego de Bastiagueiro. Será a noite do xoves ao venres, de 23:00 a 7:00 horas. O tráfico será desviado polo carril contrario, que pasará a ser de dobre sentido alternativo de circulación, quedando regulado mediante semáforos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza