Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello organiza campamentos para nenos e nenas durante o Nadal

 Oleiros, 29 de novembro de 2022-. Os nenos e nenas de entre 6 e 11 anos teñen a posibilidade de participar entre os días 26 e 30 de decembro no Campa Nadal, unha actividade que se desenvolverá en horario de 9:00 a 14:00 horas nos colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz. Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das nais e dos pais, o Concello oferta 50 prazas para esta actividade coa que tamén se procura fomentar os hábitos de vida saudables, as habilidades artísticas e os valores positivos.

O prazo de preinscrición estará aberto desde o xoves día 1 ata o 9 de decembro e poderase facer enviando a folla de inscrición que pode atoparse na web municipal, no apartado de Ensino e Xuventude, a ensino@oleiros.org ou entregándoa presencialmente na Fábrica, en horario de mañá. Se houbese máis solicitudes que prazas ofertadas realizarase un sorteo público na Fábrica.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza