Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello solicitará á Xunta fondos europeos para o rego de San Pedro e o Monumento Natural

 Oleiros, 7 de xaneiro de 2022-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, solicitou unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez Mejuto, para pedir que a Xunta de Galicia financie mediante os fondos procedentes da Unión Europea dúas importantes actuacións medioambientais no municipio.

Nese encontro coa conselleira, o alcalde solicitará financiación para a realización da obra de creación do paseo fluvial do Rego de San Pedro, que irá desde Iñás ata O Seixal. Neste momento, xa están aprobados todos os trámites e proxectos necesarios para a licitación desta obra.
 
García Seoane tamén vai trasladarlle Ángeles Vázquez a necesidade de que a Xunta acometa unha actuación urxente no Monumento Natural para protexer este espazo ante o avance do Helichrysum petiolare. Esta planta invasora está a causar un forte impacto medioambiental e visual que, entre outras zonas, pode verse claramente na zona dos faros de Mera.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza