Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello apoia a concentración convocada para o luns no María Casares

 Oleiros, 13 de xaneiro de 2022-. A ANPA Os Pazos do IES María Casares vai realizar unha protesta ante as instalacións do centro para reclamar á Consellería de Educación máis especialistas en Pedagoxía Terapéutica debido á alta taxa de alumnado con necesidades especiais e con necesidades de apoio educativo. A concentración está convocada para o vindeiro luns día 17, ás 18:10 horas, ante as instalacións do instituto.

O IES María Casares conta este curso con 587 alumnas e alumnos, dos que 34 precisan dunha atención específica. O centro só dispón dunha única profesional especialista para estes 34 escolares o que resulta claramente insuficiente e inadecuado para impartir un ensino digno e de calidade.
 
O alcalde, Ángel García Seoane, denunciou publicamente esta situación e, xunto con outros concelleiros e concelleiras do Goberno municipal, participará na concentración do luns para amosar o apoio do Concello a todas estas reivindicacións da ANPA Os Pazos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza