Alfaroleiros continúa ata o domingo con concertos, obradoiros, demostracións de cociña, xogos...
A XXVIII edición de Alfaroleiros finalizará este domingo. Ata entón, os 22 alfares participantes estarán vendendo as súas pezas en horario de 10:00 a 22:00 horas. Ademais, durante toda a fin de semana haberá numerosas actividades paralelas.

Esta fin de semana comeza o LI Trofeo Concello de Oleiros de fútbol
Obrero, Unión Campestre, Santa Cruz, Cristo Rey, Atlético San Pedro, Marino, Dorneda, Mercurio e Hércules disputarán desde esta fin de semana a LI edición do Trofeo Concello de Oleiros de fútbol. O Concello entregará 7.659 euros en premios entre todos os clubs participantes.

Concertos de Guadi Galego, gREAT sTRAITS e La Quinkillada esta fin de semana na praza Esther Pita
Dentro das numerosas actividades paralelas á XXVIII edición de Alfaroleiros, a praza Esther Pita acollerá os concertos de Guadi Galego venres, ás 22:00 h-, gREAT sTRAITS sábado, ás 22:00 h- e La Quinkillada domingo, ás 21:30 h-. As actuacións son de acceso libre e gratuíto.

O Concello contratará outras 2 persoas para o Servizo de Salvamento e Socorrismo das praias
O Concello de Oleiros contratará dúas persoas para o Servizo de Salvamento e Socorrismo. En concreto, abriuse un proceso selectivo para cubrir dous postos de socorrista acuático/a.