Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

Contratadas as obras do novo aparcadoiro público de Bastiagueiro

Foron contratadas por 339.348,40 euros as obras de creación dun aparcadoiro público nos terreos municipais existentes xunto á nova pista de patinaxe de velocidade, na marxe dereita da avenida Ernesto Che Guevara dirección Santa Cruz. Con esta obra está previsto ordenar toda esta zona, dotándoa de árbores e creando 179 prazas de estacionamento, das que 10 quedarán reservadas para persoas con diversidade funcional.

O pleno aproba novas obras por importe de 1,2 millóns

O pleno municipal aprobou as obras a incluír no Plan de obras e servizos da Deputación da Coruña que suman 1.239.503,58 euros. En concreto, trátase da renovación do céspede no campo de fútbol Eugenio Pardo Conchado; pavimentación e renovación de redes nas rúas Fraternidade e Amizade; creación de nova aula de estudo en Rialeda; acondicionamento da rúa Subiña e da rúa Fonte Cuba e reparacións no peche exterior do Parque José Martí.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza