Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello inviste 1,6 millóns na renovación da iluminación pública

 Oleiros, 26 de outubro de 2020-. O Concello de Oleiros iniciou a licitación da substitución de 2.216 puntos de luz por novas luminarias LED máis eficientes. Esta actuación terá un custo de 1,6 millóns, que se financiarán con 1.346.739,13 euros procedentes da Unión Europea e 336.684,79 euros de fondos propios municipais, e permitirá a renovación do alumeado público en 32 núcleos e urbanizacións.

“Levamos anos cambiando e renovando a rede de iluminación, por moitas zonas do municipio. Agora, con esta actuación, imos continuar con este proceso en 32 núcleos e urbanizacións, onde instalaremos luminarias LED, que iluminan máis, consumen menos e contaminan menos”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza