Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Fomento retrasa o inicio da obra de Sol y Mar por unha expropiación de 7,40 metros cadrados de 90 propietarios

 Oleiros, 28 de outubro de 2020-. Desde o ano 2018, o Ministerio de Fomento requiriu ao Concello de Oleiros a cesión de solo necesaria para poder contratar as obras do túnel de Sol y Mar, que foi aportada polo Concello tras acadar a cesión cos veciños propietarios. Unicamente era necesario expropiar por parte do Ministerio 7,40 metros cadrados nas inmediacións do aparcadoiro da Torre de Beiramar, propiedade do conxunto dos 90 propietarios da comunidade.

En abril do 2019 o proxecto foi aprobado definitivamente para a súa licitación, quedando adxudicadas as obras o pasado mes de xuño e asinando o contrato no mes de setembro. É indignante que non se procedera á expropiación destes 7,40 metros e que agora as obras non comecen no presente ano. Este é o interese que amosan os responsables do Ministerio de Fomento pola tan necesaria mellora das infraestruturas viarias da comarca da Coruña.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza