Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A comedia O meu mundo non é deste reino, este sábado no auditorio Gabriel García Márquez

 Oleiros, 15 de setembro de 2020-. Teatro da Ramboia presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra O meu mundo non é deste reino, gañadora da primeira edición do certame de proxectos teatrais da Fundación Manuel María. Trátase dunha daptación da Farsa de Bululú de Manuel María, protagonizada por Anxo García e Fran Lareu e dirixida por María Peinado.

O meu mundo non é deste reino é unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.
 
Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous monicrequeiros que levan o mesmo espectáculo polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme "tutilimundi". A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de Pandora latente. Contar e dar vida ao que contén supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen, un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuado entre o micro e macro teatro. Ata que todo remata. Desbórdase. Mais Camilo e Tomás volverán representar a súa farsa, o “tutilimundi” volverá a abrirse e a historia volverá comezar.
 
As entradas será libre, ata completar a capacidade da sala. As invitacións para acceder poderán recollerse a partir das 19:30 horas na billeteira do auditorio. A obra está recomendada para maiores de 14 anos. 
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza