Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O xoves abre o prazo de inscrición para participar no XXXI Tríatlon Concello de Oleiros

 Oleiros, 5 de abril de 2021-. As persoas interesadas en participar no XXXI Tríatlon do Concello de Oleiros poden inscribirse na competición desde o xoves día 8 ata o mércores día 13 de abril. Para tramitar a solicitude, os deportistas deberán acceder ao formulario creado na web municipal, no apartado da Concellería de Deportes.

Esta carreira está programada para o vindeiro sábado día 29 de maio, ás 16:00 horas, e como nos anos anteriores terá lugar na localidade de Mera. Nesta proba só poden participar deportistas federados na Federación Galega de Tríatlon. Para todas as categorías a distancia será de 750 m de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé.
 
O 14 de abril publicarase a listaxe de persoas preinscritas na web municipal. O día seguinte, ás 10:00 horas, farase un sorteo público na Fábrica, no caso de haber máis solicitantes que prazas. O venres 16 de abril publicarase a listaxe provisional na web municipal. O prazo de pagamento irá do 19 ao 23 de abril. As 100 persoas agraciadas no sorteo recibirán un correo electrónico cos pasos a seguir. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza