Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada-old » O Concello old » Concellería de Benestar social e Sanidade
 
NOVAS

« Atrás

Celebramos o centenario do nacemento de Mario Bendetti

http://fundacionmariobenedetti.uy/mariobenedettibio En 2020 celebramos o centenario do nacemento do escritor uruguaio Mario Benedetti. A súa vida estuvo marcada pola literatura e polo compromiso social. Naceu en Paso de los Toros (Tacuarembó) un 14 de setembro de 1920 e foi unha figura clave da Xeración do 45, tamén coñecida como “a xeración crítica”.
A través de obras emblemáticas como "La Tregua", "Montevideanos", "Poemas de la oficina", ou "Literatura Uruguaya Siglo XX", transformouse nun dos autores uruguaios máis recoñecidos. Traballou desde os 14 anos en oficios tan diversos como mozo dun comercio de repostos automobilísticos, administrativo nunha inmobiliaria, taquígrafo, empregado público.
Nos comezos dos setenta estivo a cargo dunha cátedra na Facultad de Humanidades y Ciencias da Universidad de la República (Montevideo). O Golpe de Estado de 1973 obrigouno ao exilio. Primeiro en Buenos Aires, despois en Lima, La Habana e en España (Palma de Mallorca e Madrid). Sempre foi unha voz disidente co autoritarismo e defensora dos dereitos humanos.
Fóra do Uruguai, a súa produción literaria continuou en todos os campos: obras de poesía como "La casa y el ladrillo", novelas como "Primavera con una esquina rota" e a súa obra teatral máis representada, "Pedro y el capitán", "Pedro e o capitán", na versión galega. Prosegue en El País, o traballo xornalístico que comezara en Uruguai.
En 1985, co retorno da democracia, regresa ao seu país. É cofundador do semanario Brecha e acompaña todas as accións da sociedade uruguaia para o esclarecemento dos crimes da ditadura. Ofrece recitais masivos de poesía e música, como ocorre con A dos voces, espectáculo que realiza con Daniel Viglietti. O disco "El Sur también existe", de Joan Manuel Serrat sobre poesía de Benedetti, retoma o camiño das musicalizacións de gran impacto popular, como foran anos antes as realizadas por Alberto Favero e cantadas por Nacha Guevara, ou o "Cielo del 69", musicalizado por Numa Moraes e gravado por Los Olimareños.
Os seus últimos anos están acompañados de recoñecementos internacionais. Falece en Montevideo o 17 de maio de 2009. Deixou creada a Fundación que leva o seu nome para a promoción da literatura e os dereitos humanos, en especial os esforzos para dar co paradeiro das-dos detidas-os desaparecidas-os. A Universitat d' Alacant creou o Centro de Estudios Literarios Iberoamericanos Mario Benedetti, que ía celebrar neste ano un congreso ao redor da súa figura e tivo que ser suspendido por mor da pandemia Covid-19. Ademáis, Bendetti participou en “El lado oscuro del corazón”, película arxentino-canadiana escrita e dirixida por Eliseo Subiela, recitando poemas en alemán. Esta adaptación cinematográfica estivo nominada aos Óscar como Mellor Película Estranxeira. 
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) queremos homenaxear ao escritor uruaguaio cunha expo bibliográfica. Podes consultar as obras de Benedetti en Bibloleiros nesta ligazón.
Nestas ligazóns podes acceder a gravacións dos seus poemas, na súa propia voz, e entrevistas ou fragmentos de recitais, a biografía "Mario Benedetti por Benedetti", e a Entrevista a Benedetti.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza