En relación coas obras de construción dun túnel no cruce coñecido como Sol y Mar en Perillo, en próximas datas efectuaranse visitas aos edificios máis próximos por parte de persoal técnico dependente da empresa que executará as obras do referido enlace co fin de avaliar o estado actual das vivendas e locais comerciais con carácter previo ao inicio das obras.