Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

 
Portada » Perfís » Maiores
   

NOVAS

     
« Atrás

Ximnasia

Pensando nas persoas maiores deseñamos un programa completo de actividades que inclúe exercicios básicos, mobilidade articular, estiramento muscular, coordinación, respiración, relaxación e tamén xogos para traballar a capacidade de comunicación e a memoria.

Obradoiros de memoria

Facerse maior non ten porque implicar necesariamente a perda da memoria, pero o risco sen dúbida é maior, polo que convén exercitala. Ensinámoslles aos nosos maiores a manterse activos mentalmente para non perdela, pois, ao fin, a súa memoria é tamén a nosa.

Sendeirismo

Camiñar é unha practica idónea para calquera idade. Ademais supón unha forma excepcional para entrar en contacto coa natureza e coñecer a fondo o noso contorno, con todos os beneficios que isto pode supoñer. "Un día de sendeiro, unha semana de saúde"... Estas actividades están pendentes de programación, a espera dunha mellora da situación sanitaria ante a crise do COVID 19.

Excursionismo

Cando chega o bo tempo e os días duran máis o Concello de Oleiros programa excursións para que as persoas maiores visiten os lugares máis fermosos da nosa xeografía, algúns deles aínda descoñecidos, e gozen da natureza en boa compañía. Estas actividades están pendentes de programación, a espera dunha mellora da situación sanitaria ante a crise do COVID 19.

Romaría das Merendiñas

A cita obrigada dos nosos maiores é sen dúbida a Romaría das Merendiñas, un encontro que foi consolidándose no tempo e que quere ser a homenaxe de Oleiros a un colectivo que aínda non esqueceu como gozar das boas festas.Estas actividades están pendentes de programación, a espera dunha mellora da situación sanitaria ante a crise do COVID 19.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza