Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Perfís » Xuventude
   
NOVAS

« Atrás

Presentación dos libros "Días de infierno y gloria" e "Sol de sangre" de Héctor J. Castro

No Teatro As Torres (Santa Cruz), o xoves 11 de novembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación dos libros "Días de infierno y gloria" e "Sol de sangre" de Héctor J. Castro.

O autor ferrolán estará acompañado do tamén escritor Miguel A. Castro.

"Días de infierno y gloria"
A principios do mes de maio de 1589, reinando en España Felipe II, os habitantes da Coruña están realizando as súas ocupacións habituais sen imaxinar que un escuadrón británico de cento cincuenta naves, cun exército de vinte mil homes ao mando do famoso corsario Francis Drake, navega disposto a apoderarse da cidade. A pesar da enorme desproporción de forzas, A Coruña prepárase para unha loita desesperada. Todos/as toman as armas para plantar unha forte resistencia en defensa das súas familias e fogares, destacando Mayor Fernández Pita, quen pasará á Historia co nome de María Pita, convertida en símbolo de loita e liberdade.

"Sol de sangre"
Juan Pablo de Carrión é un fidalgo español que, xa no solpor da súa vida, recibe o encargo do gobernador de Manila de acabar con Tay Fusa, un corsario do Xapón que está sementando o terror en augas de Filipinas.
 
Héctor A. Castro é profesor, músico e novelista. En 2016 inicia a súa carreira literaria coa triloxía El Siglo de Acero publicada en HRM Ediciones.

En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
As bibliotecas municipais invitan a todas as persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido.

LIGAZÓNS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza