As mulleres da miña vila 2014 (PDF - 2,899.8 KB)
Dentro do programa da ESCOLACOeducativa, e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, organizamos o concurso ¿As mulleres da miña vila¿ dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Con esta iniciativa educativa quixemos reforzar todo o traballo realizado na aula en favor da promoción de valores positivos e igualitarios, e convidar ao alumnado a reflexionar sobre as desigualdades de xénero que a día de hoxe seguen dividindo ao mundo en dúas metades, onde as mulleres, en moitos casos, se atopan en inferioridade de condicións. A presente publicación recolle os 25 mellores traballos presentados nesta I edición.
Convivir coa Demencia (PDF - 614.3 KB)
Relación de diferentes materias bibliográficos e audiovisuais, (libros,contos,películas,manuais de apoio, enlaces web...) que abarcan desde diferentes puntos de vista esta enfermidade e o impacto no entorno familiar. Son materiais que poden axudar ao familiar a coñecer mellor a enfermidade como actuar, pero tamén sensibilizar a todas aquelas persoas que non están afectadas directamente. Moitas destas publicacións pódense consultar nas bibliotecas municipais.
Ocio para persoas coidadoras (PDF - 6,285.8 KB)
Publicación realizada polas persoas que compoñen o grupo "Coidando emocións" do Concello de Oleiros. Unha proposta de espazos de ocio para recuperar un espazo de intimidade con nós mesmos e co contorno.