Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Benestar social
Portada » Temas » Benestar Social
   
NOVAS

« Atrás

RETRINCOS DE CORES

 O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias

(GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia elabora o caderno  RETRINCOS DE CORES  
 
Este caderno serviravos para construír os vosos soños. Agora que todos estamos nas nosas casas aproveitaremos para compartir os nosos mellores e peores momentos coa familia, as persoas educadoras e as coidadoras.
 
É o mellor momento para facer todo o que axude a sentirse ben. Agora tócanos loitar contra ese coronavirus do que nos falan todo o tempo. As persoas maiores ensinámosvos a coidarvos para que non vos contaxien.
 
Dicímosvos como hai que lavar as mans e moitas cousas máis.
 
Queremos tamén ensinarvos a descubrir e coñecer as vosas emocións. Podemos sentir emocións distintas como enfado, alegría, medo ou inseguridade cando aparece algo inesperado.
Os que sabemos moito de emocións cremos que debuxar e escribir é o mellor modo de facer que os problemas se fagan cada vez máis pequenos. Así poderemos dominalos.
 
Con este caderno trataremos de axudarvos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza