Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Deporte e saúde
Portada » Temas » Deporte e Saúde
   

NOVAS

     

OCIOLEIROS 2022

Actividades Ocioleiros 2022

Programa xuvenil de acondicionamento físico

  Enlace preinscrición  (aberta todo o ano)   Desde o Concello de Oleiros, somos coñecedores das limitacións que ten a mocidade para acceder á práctica regular  de...

Campaña da neve 2022 Deputación da Coruña

   Tríptico e formulacio de preinscrición   Ao ter mais solicitudes que números de prazas concedidas realizouse un sorteo público. A cada solicitude asignóuselle un número,...

Escola Municipal de Golf

Quedan prazas libres Lista de persoas admitidas   Enlace preinscición Sede Electrónica Coa recente posta en marcha do Campo de Golf de Xaz, o Concello de Oleiros ten interese en divulgar e...

Piscinas Municipais

          Actividades dirixidas decembro 2021              Horarios Centros Deportivos (as actividades rematan 20'...

   

DESTACADOS

     
« Atrás

Actividades Verán 2017

 

ACTIVIDADES DE VERÁN 2017

PARA PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE OLEIROS CALENDARIO DE INSCRICIÓNS 2017

  • Do 28 de abril ao 5 de maio: preinscrición
  • Do 9 ao 11 de maio: publicación de listas e reclamacións
  • O 12 de maio: sorteo público
  • 16 maio: publicación de listas definitivas
  • Do 18 ao 25 maio: pagamento e entrega de documentación
  • O 29 de maio: publicación de vacantes
  • A partir do 30 de maio: inscrición libre para prazas vacantes, presencialmente e por orde de chegada no Centro Cultural A Fábrica.

 A preinscrición poderá formalizarse:

  1. Na web municipal www.oleiros.org, na carpeta cidadá (non é necesario estar rexistrado/a. Tramitación sen certificado)
  2. Na conserxería do centro cultural A Fábrica (Perillo) de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas. Neste caso axudarase a xente a formalizar a preinscrición a través da página web.

   As actividades de verán programadas dentro das Concellerías de Cultura, Deportes, Ensino e Xuventude accederán exclusivamente os solicitantes que estean empadroados en Oleiros, coas seguintes excepcións, que deberán ser debidamente acreditadas.:

  1. Os/as menores que vivan en réxime de acollida no Lar A Mercé
  2. Os/as menores que se atopen en situación de acollemente familiar en familias empadroadas en Oleiros
  3. Os/as menores non empadroados cando un dos proxenitores si o estea.

Documentación e accesos a preinscrición:

  1. Folleto de Actividades de Verán 2017: preme aquí.
  2. Páxina web de preinscrición: preme aquí. (Operativa do 28 de Abril ao 5 de Maio do 2017)

Publicación de Listados.

Listados provisionais (9 de maio do 2017): preme aquí 

Listados para o sorteo (12 de maio do 2017) : preme aquí.

  • Correxida a incrición nº 47 por erro administrativo na  selección de actividade.

    O sorteo celebrarase o día 12 de maio no auditorio de A Fábrica as 13:00 horas.

Listados definitivos de admitidos (16 de maio):

   Do 18 ao 25 de maio podedes pasar pola Fábrica, en horario de 8:00 a 15:00 horas, para recoller a folla de pagamento das actividades e devolver o xustificante posteriormente.

Fe de erratas: O Obradoiro de Teatro Xuvenil desenvolverase no Teatro As Torres en Santa Cruz e non na Casa da Cultura de Perillo.

 

Publicación de vacantes verán 2017: Preme aqui.

  1. Cada persoa poderá tramitar a inscrición da súa unidade familiar e dous nenos/as a maiores como máximo
  2. O prazo de pagamento será de dous días hábiles incluido o día de retidada do recibo
  3. Os interesados deberán recoller número de orden a través dunha máquina expendedora que estará operativa a partir das 7.30 horas.

Actualización Prazas Libres a data 31-05-2017: Preme aquí.

Actualización Prazas Libres a data 01-06-2017: Preme aquí.

 

 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza