Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Deporte e saúde
Portada » Temas » Deporte e Saúde
   

NOVAS

     

Actividades deportivas de Verán

Folleto informativo       Kaiak en Santa Cruz   Descrición: Orientada fundamentalmente ao aspecto...

Actividades de Verán 2020

Páxina coa información das actividades de verán 2020 do Concello de Oleiros.

Piscinas Municipais

  Os centros deportivos abrirán  o vindeiro   VENRES 26 DE XUÑO. No período do  26 de xuño ao 13 de xullo  compensaránse os 17 días non disfrutados no mes de marzo...

Liga Escolar de Judo Concello de Oleiros

Resultados  2020 1ª xornada sub11 e sub13     As xornadas están orientadas  á promoción das categorías base deste deporte, e nelas participarán perto de 400...

OCIOLEIROS 2020

Preinscricións do 11 ao 20 de decembro, preferentemente na sede electrónica do Concello de Oleiros. En trámites online para cidadáns e empresas.

   

DESTACADOS

     
« Atrás

INICIANSE AS ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DE OLEIROS CON MAIS DE 550 PERSOAS PARTICIPANTES

 

O Programa de Envellecemento Activo da concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros ten diversas intervencións encamiñadas ao mantemento dunha vida activa e plena da poboación maior de 60 anos. Dentro deste programa realizanse as ACTIVIDADES 60+: un amplo abanico de actividades dirixida a mellorar a condición física, social e cognitiva das persoas ao chegar esa etapa da vida.
 
As actividades deste programa desenvólvense en tres áreas de intervención:
 
·         Talleres de ximnasia: exercizos de equilibrio, coordinación, axilidade, flexibilidade, forza, resistencia e velocidade…dirixidos a manter unha condición física que proporcione autonomía na vida diaria
 
·         Talleres de ioga e relaxación: preparación corporal, posturas de ioga, exercizos respiratorios, expresión corporal, flexibilidade, eliminación de tensións... co obxectivo de manter o necesario equilibrio e un maior autocoñecemento do noso corpo.
 
·         Talleres de memoria: cun dobre obxectivo de adestramento cognitivo e de recuperación da memoria histórica. Neste último programa se coordinan e dinamizan uns proxectos de intervención que baixo o nome de “Oleiros na memoria” levan a cabo as seguintes actuacións:
 
-        Equipos de investigación: formados polas persoas participantes en cada grupo que se ocupan de recoller documentación da memoria histórica, fotografías, anécdotas, lendas, vivencias, revisións bibliográficas...
 
-        Equipos “Entrevistando a memoria”: conformados por persoas seleccionadas en cada grupo que se ocupan de entrevistar nos seus domicilios a persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar e que contan con capacidade para contar as súas vivencias.
 
-        Equipos do “Proxecto interxeracional”: actividade desenvolta nalgúns centros educativos de primaria polo grupo de memoria desa localidade, na que un grupo de maiores trasladan aos mais pequenos, nas propias aulas, as vivencias da súa infancia e lles contan historias relacionadas coa súa vila.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza