Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Sanidade
Portada » Temas » Sanidade
   
NOVAS

« Atrás

SEXOLEIROS, Programa de educación afectivo - sexual

Sobre a crenza de que a educación sexual debe ser permanente e habitual, dende o Concello de Oleiros concibimos EDUCA SEXOLEIROS como un programa de educación sexual que rexeita a reprodución de estereotipos e prexuízos, no que se traballa con accións e explicacións o suficientemente profundas como para contribuír á aprendizaxe, pero tamén como para cambiar actitudes, ideas, valores e comportamentos, co obxectivo último de que a sexualidade da xuventude do Concello sexa afrontada con satisfacción e desenvolvemento persoal.
 
O obxectivo principal do Programa é
 
Contribuír a construción dunha sociedade que permita unha vivencia sa e unha expresión libre das sexualidades individuais, dun xeito máis respectuoso e tolerante, así como máis igualitario entre mulleres e homes.
 
Para acadar este obxectivo, o Programa incorpora, ademais das actividades dirixidas ao alumnado de 3º e 4º da ESO dos IES do Concello, actividades de educación afectiva sexual dirixidas á educación primaria, adaptándoas ás idades e momentos evolutivos diferenciais que os rapaces e rapazas de 5º e 6º están a vivir.
 
Tamén incorpora a experiencia previa do programa “Familias que Falan”, no que un dos actores máis importantes e relevantes da comunidade educativa, as familias, nais, pais, así como outras persoas implicadas na educación dos seus cativos, iniciaron un proceso de aprendizaxe de cara a trasladar de forma habitual e permanente a educación afectiva sexual ao contexto do fogar, dunha forma guiada e fundamentada, compartindo preocupacións e inquedanzas, pero tamén solucións e recursos.
 
Por último engadir que a intención do Concello de Oleiros co deseño do Programa EDUCA SEXOLEIROS é o de proporcionar unha ferramenta educativa centrada na sexualidade, dimensión fundamental da nosa vida, que resulte integral, transversal e aberta a diversidade de enfoques existentes, traballando en frontes diversos, xa que abordar este tema nas aulas non é soamente conveniente, senón que resulta imprescindible.

LIGAZÓNS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza