Foi un encontro ameno, distendido, no que se relataron distintas vivencias moi enriquecedoras para a formación en igualdade dos mozos e mozas participantes, que tamén tiveron ocasión de realizar preguntas ás gardas civís.
“Demostrar que moitas nos abren camiño e nos amosan que non hai límites nin trabas que xuntas non poidamos superar... e que comprendades a importancia de loitar polo que queredes sen que o xénero sexa un condicionante ou un freo”, destacou a concelleira de Igualdade Belén Taboada ao inicio do acto. Pola súa parte o alcalde, Ángel García Seoane, resaltou o exemplo de loita pola igualdade das mulleres gardas civís como un paso máis dos importante avances acadados durante as últimas décadas.