Respecto ao proxecto aprobado inicialmente o pasado ano introdúcense algunhas variacións para facelo máis sostible e reducir o impacto medioambiental e paisaxístico. Entre outros cambios, o ancho da senda será de 4 metros e non de 6 como está contemplado inicialmente; empregaranse pavimentos filtrantes; utilizaranse materiais naturais para o mobiliario e aproveitaranse algúns camiños xa existentes.
O Concello tamén ten en marcha o expediente de expropiación para adquirir os terreos necesarios para poder realizar a obra.
Este é un paso máis para facer practicable ese treito costeiro que percorre a parroquia de Dorneda e que supón un itinerario alternativo, ciclopeonil, entre Mera e Santa Cruz. Deste xeito, toda a costa de Oleiros será camiñable por terreos públicos.