Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Novos cortes de tráfico no Sol y Mar o domingo 6 de abril

Imagen Novos cortes de tráfico no Sol y Mar o domingo 6 de abril

O Ministerio de Transportes informa que o próximo domingo, día 6 de abril, desde as 08:00 horas ata noite, procederase a cortar o tráfico por completo nos carrís de servizo máis próximos á ría, na zona de Agramar-Beiramar; para a reparación de sumidoiros e pozos situados nas devanditas vías.

O acceso á rúa Beiramar permanecerá cortado todo o día, permitíndose unicamente a saída. Recoméndase o acceso peonil a través da rúa dos Sauces – rúa dos Álamos ou a través da nova Urbanización do Paraíso.

Os vehículos que queiran dirixirse á rúa Areal (lado da ría – números 19 a 37) e/ou á Praza de Agramar, e procedan da Coruña, deberán continuar polo paso inferior da AC-12 ata a zona do Parque de Maquinaria, onde efectuarán un cambio de sentido, para poder incorporarse ao ramal de acceso á rotonda de Sol y Mar (sentido entrada cidade), e desde onde poderán baixar xa cara a rúa Areal e continuar, a través desta, cara a Praza de Agramar.