No percorrido iniciado pola zona verde do Seixo, o alcalde reclamou a realización do tramo de paseo pendente, duns 600 metros lineais, entre Cambre e o final do novo paseo creado na zona de recheos. Tamén visitaron O Paraíso e Beiramar, desde onde o Concello reclama unha conexión pola fronte marítima con novo paseo, nun tramo duns 200 metros.
Posteriormente acudiron a Santa Cruz onde alcalde amosou a necesidade de renovar a ponte de acceso ao Castelo. Tamén acudiron ata a pasarela que conecta o paseo de Santa Cruz co parque das Galeras, que está a reparar o Concello neste momento.