Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros saca a licitación 5 parcelas para vivendas unifamiliares

O prazo de presentación de ofertas remata o día 19 de decembro do 2024 ás 23:59 horas, debendo presentarse de xeito electrónico a través da plataforma de contratación ou de forma presencial a través do rexistro xeral, con arranxo aos requisitos previos establecidos en dita plataforma.

O Concello de Oleiros saca a licitación 5 parcelas do patrimonio municipal de solo por procedemento de poxa para a construción de vivendas unifamiliares en Oleiros, Iñás e Dorneda.

Os ingresos xerados pola venda das parcelas municipais sinaladas, conseguidas a través da xestión urbanística levada a cabo polo goberno municipal, serán invertidos en obras e servizos para a veciñanza.

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros e no seguinte enlace.

back link