Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O PSOE de Oleiros continúa sen xustificar onde gastou 18.594,94 euros recibidos do Concello na pasada lexislatura

O PSOE de Oleiros segue sen xustificar a que destinou os 18.594,94 euros recibidos do Concello de Oleiros en concepto de subvencións durante a pasada lexislatura. Transcorridos máis de 18 meses desde a constitución da nova corporación, é o único partido político que non presentou a documentación que acredite o destino deses fondos.

O PSOE de Oleiros, igual que todos os grupos políticos con representación no Concello, recibe unha subvención municipal para gastos relacionados coa actividade política. PP, BNG e Alternativa do Veciños si xustificaron debidamente as subvencións que se lle outorgan. O PSOE de Oleiros foi o único que non o fixo.

Mentres o PSOE de Oleiros non xustifique o uso deses fondos públicos non poderá recibir os cartos correspondentes ás subvencións da presente lexislatura. Ademais terá que afrontar os intereses de demora correspondentes.
 

back link