Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Os centros de educación secundaria do municipio acudirán ao “Encontro con mulleres Gardas Civís” organizado polo Concello de Oleiros

Imagen Os centros de educación secundaria do municipio acudirán ao “Encontro con mulleres Gardas Civís” organizado polo Concello de Oleiros

No mes da muller, o Concello de Oleiros programa para o 6 de marzo ás 11:00 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, un “Encontro con mulleres Gardas Civís”.

A finalidade é dar visibilidade ás mulleres que desempeñan profesións tradicionalmente masculinizadas, e ofrecer unha visión feminista e en igualdade das mesmas. A actividade realizarase o 6 de marzo no Auditorio de Mera.

Neste encontro participará o alumnado de secundaria do segundo ciclo da ESO do IES María Casares, IES Miraflores, IES Neira Vilas e o centro Hijas de Cristo Rey. Co obxectivo de facilitar a participación dos centros, o Concello de Oleiros porá a disposición dos centros participantes un servizo de autobús.