Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Recomendacións en Radioleiros: 11 abril 2025

Imagen Recomendacións en Radioleiros: 11 abril 2025

"Os de arriba e os de abaixo" de Paloma Valdivia e "I’m Obélix" de Raquel Fernández Fernández

Recomendacións en Radioleiros: 11 abril 2025- Infantil (crianzas a partir de 3 anos):

"Os de arriba e os de abaixo" de Paloma Valdivia. Editado por Kalandraka.

No mundo existen dous tipos de habitantes: os de arriba e os de abaixo. Os de arriba viven igual que os de abaixo e os de abaixo viven igual que os de arriba pero ao revés. Fermoso e divertido álbum ilustrado para ler do dereito e do revés.

"I’m Obélix" de Raquel Fernández Fernández

- Mocidade e persoas adultas:

"I’m Obélix" de Raquel Fernández Fernández. En Xerais.

Dispoñible en GaliciaLe

Isma afronta un novo curso no instituto despois de recibir a diagnose de TDAH. 

Novela que relata o día a día nun instituto calquera e que dá voz a todas as persoas implicadas nun caso de acoso escolar.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.