Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Abre o prazo de matriculación nas catro escolas infantís públicas de Oleiros

Imagen Abre o prazo de matriculación nas catro escolas infantís públicas de Oleiros

O prazo para a presentación de solicitudes nas catro escolas infantís do Concello de Oleiros para o próximo curso 2025/2026 permanecerá aberto ata o 4 de abril. Ata ese día poderán tramitarse tanto as reservas de prazas para os nenos e nenas que xa están acudindo ás escolas como as solicitudes de novo ingreso.
 

Para obter información máis precisa, as persoas interesadas deben chamar previamente á escola infantil do Concello de Oleiros que sexa a súa primeira preferencia: A Pardela (981 631 788), As Galeras (981 648 446), A Canteira (981 977 921) ou A Braña (981 617 505). Neses centros de ensino serán atendidos e recibirán toda a información que soliciten.

As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal