Reconversión é unha viaxe desde a posguerra ata o “Felipismo” dos 80, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista. Un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo.
A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobili¬zacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.
Xénero: teatro contemporáneo
Duración: 100 min
Público: adulto (maiores de 12 anos)
Prezo: 6 euros
Autoría: Santiago Cortegoso
Dirección: Santiago Cortegoso
Elenco: Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu e Nani Matos