Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros alerta de novo á veciñanza de posibles prácticas fraudulentas por parte de empresas construtoras

O Concello de Oleiros recomenda á veciñanza facer as comprobacións oportunas na área de urbanismo antes de proceder a calquera compra ou desembolso monetario.

Segundo denuncian algúns veciños e veciñas, empresas construtoras e servizos de enxeñería e arquitectura están a crear falsas expectativas sobre futuras urbanizacións de vivendas unifamiliares, e para as que o Concello non iniciou ningún trámite. 

Desde o Concello de Oleiros dirixíronse varias cartas a empresas instándolles a “cesar de inmediato a difusión de calquera información que non se axuste estritamente aos procedementos e prazos reais, co obxectivo de evitar confusións entre posibles compradores e a veciñanza afectada”. “O Concello de Oleiros —di o alcalde no seu requirimento— reafirma o seu compromiso de protección dos dereitos da veciñanza e coa correcta xestión urbanística, garantindo que todos os procedementos se leven a cabo con rigor, transparencia e equidade”.

O Concello recomenda a toda a cidadanía que antes de adquirir calquera terreo ou propiedade inmobiliaria soliciten no Concello o correspondente certificado de cualificación urbanística para dispoñer da información real e veraz do inmoble ou parcela que se pretende adquirir. Ademais, prégase á veciñanza que se informen sobre se as empresas que lles fan estas ofertas contan coa preceptiva licencia municipal.
 

back link