O Museo dos Oleiros e a feira Alfaroleiros, que celebrou o pasado ano as tres décadas de andaina, son realidades que enchen de orgullo á veciñanza e se teñen convertido en dous activos tanto da identidade local como da animación cultural que cada verán enche Santa Cruz de visitantes.
A proposta enmárcase na categoría C, que corresponde ás actividades en favor da cerámica e é outorgado a persoas ou entidades que teñan destacado polo seu traballo a prol da cerámica española.
Os X Premios Nacionais de Cerámica entréganse en Granada o vindeiro 31 de maio, durante un acto organizado pola Asociación Española de Ciudades de la Cerámica.