Asset Publisher

Back Inserción social por arraigo

Destinatarios:

Todas aquelas persoas extranxeiras non comunitarias, veciñas do Concello de Oleiros, que precisen do dito informe para achegar xunto coa solicitude de autorización de residencia por arraigo.

Documentación:

No momento da entrevista que ten lugar na visita domiciliaria que realice o traballador/a social do Concello de Oleiros, deberá amosar a documentación que acredite a súa identidade, a súa residencia en España os tres anos anteriores á solicitude, a documentación sanitaria, a documentación relacionada coa vivienda na que reside, así como outras relacionadas co obxeto do informe  e que se lle solicite.

Como realizar o trámite?

As persoas interesadas poderán solicitalo directamente no Rexistro Municipal do Concello de Oleiros, en horario de 08:30 ás 13:00 horas de luns a venres, a través do modelo de instancia normalizado.

Posteriormente o/a traballador/a social se poñerá en contacto telefónico coa persoa interesada para realizar a visita domiciliaria e manter unha entrevista no seu propio domicilio.

Finalmente, no prazo duns días, a persoa interesada poderá pasar a recollelo persoalmente ás oficinas municipais de Benestar Social ou ben se lle enviará por correo ordinario se así o solicita.

Custos:

Segundo os recursos solicitados se aplicarán os baremos establecidos.

Impresos relacionados: