O Concello de Oleiros participará xunto coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, nunha inicitiva para reclamar do Goberno de España a eliminación das peaxes da AP9, unha das máis altas do Estado. O encontro de alcaldes e alcaldesas terá lugar o vindeiro venres 7 de marzo ao mediodía no Pazo de Raxoi.
A gratuidade e a transferencia a Galicia desta importante infraestrutura viaria son reivindicacións que comparte Oleiros, xa que na actualidade a súa financiación recae nas economías familiares de galegas e galegos, a diferencia do que ocorre noutras comunidades como as mediterráneas, xa que a AP7 liberouse hai poucos anos dese lastre con tanta incidencia na economía.
Este movemento replica outros que xa están en marcha desde concellos da provincia de Pontevedra.