Actividades 65+
Programa ven e descubre 2025 . “Así falamos, así somos”.
Desde o 24 de marzo as persoas interesadas poden solicitar praza para participar no programa “Ven e descubre 2025”. Un programa xa consolidade no que poden participar as persoas maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Desenvólvese en dous formatos de saídas culturais pola xeografía galega. Este camiñamos agarrando moi forte a nosa fala, porque como di o lema deste ano: “Así falamos, así somos”. O idioma que utilizamos non só nos permite comunicarnos, senón que tamén moldea a nosa percepción do mundo e de nós mesmas.. O galego ten un serio problema pola perda de falantes e se perdemos o galego, perdemos a nosa identidade. Todas as rutas camiñaran con esta temática desde o encontro, a observación e a reflexión. Rutas de excursionismo , itinerarios culturais no que na man do idioma e a comunicación achegaremos as vilas de Pontevedra, Combarro, Ribadeo, Rinlo o Ferrol. Tamén poden participar nas rutas de sendeirismo guiado , rutas entre 12 e 14 de 14 km , por espazos naturais que nesta edición percorrerán camiños de Oleiros, Ons, O Rosal, Baroña e Fisterra
Programa de envellecemento activo, o 3 de outubro ábrese o prazo para cubrir 62 prazas nas actividades de 65+ “Envellecemento activo 24/25” .
O concello de Oleiros abre un novo prazo para as persoas que desexen participar nas actividades do programa de “Envellecemento activo”. Se ofertan un total de 62 prazas (20 prazas de Ioga e relaxación, 28 prazas na actividade de memoria e 14 prazas na actividade de ximnasia).
INSCRICIÓNS SENDEIRISMO FIN DE SEMANA VEN E DESCUBRE 2024
Abre o prazo de inscrición telemática para o programa de excursionismo: “Sendeirismo de fin de semana: Mulleres na Raia”
INSCRICIÓNS EXCURSIONISMO VEN E DESCUBRE 2024
O programa municipal Ven e Descubre ofrece para este ano 2024 un total de 1.350 prazas de excursións e rutas de sendeirismo para veciños e veciñas maiores de 65 anos. Haberá 21 saídas de excursionismo e 11 de sendeirismo. A temática seleccionada para este ano é “Pasado e presente con nome de Muller”