Actividades 65+

Atrás FORMACIÓN EN MARCHA NÓRDICA, para persoas que participaron nas rutas de sendeirismo do programa “Ven e descubre 2024”

Concello de Oleiros organiza unha actividade de formación sobre a técnica de “Marcha nórdica” dirixida as persoas que participaron nas rutas de sendeirismo do programa “Ven e descubre 2024”

Nesta actividade, poderán coñecer a técnica de “Marcha nórdica” e mellorar as súas experiencias de sendeirismo, beneficios e equipamento, a través da práctica.

• So serán admitidas as persoas que participaron neste ano 2024 nalgunha das rutas de sendeirismo do programa municipal “Ven e descubre”.

• A ruta realizarase o sábado 23 de novembro en dous grupos:

1º grupo de 10:30 a 12:30

2º grupo de 16:00 a 18:00

•A saída e chegada será na praia de Bastiagueiro https://maps.app.goo.gl/4Ph3VgzN1iX4ijbp7 o itinerario será de 5 km.

• Para poder participar deberá inscribirse a través do teléfono 981 610 000 ou ben mandar un correo electrónico a e.rodriguez@oleiros.org

• Deben especificar nome, apelidos, D.N.I, número teléfono , e seleccionar grupo.

• O prazo para realizar as solicitudes estará aberto entre os días 11 e 14 de novembro.

• As prazas son limitadas (15 por grupo). Se as solicitudes recibidas superan o número de prazas se realizará un sorteo .

• As solicitudes son individuais non se poden vincular con outra solicitude.

• O 18 de novembro publicaráse, na pax web do concello, Actividades 65+ - Concello de Oleiros - oleiros.org a lista de persoas admitidas en cada grupo enviando a cada persoa o itinerario da ruta , normas e equipamento necesario.