Actividades culturais

Atrás Presentación de "En terra allea" de Pepe Carballude

Teatro "As Torres". Santa Cruz.
Xoves 13 de febreiro ás 19 h.

Intervirán: o autor: Pepe Carballude; a profesora de Xeografía e Historia: Mª Concepción Castro Higelmo

"En terra allea" aborda o tema da migración e os dramas colaterais: explotación laboral, dificultades coa vivenda, problemas de convivencia, enganos, abusos…, mais tamén aparece xente boa que tenta poñerse na delicada situación do outro. As relacións humanas, as friccións e os consensos, a imposición e a tolerancia, as penas e os momentos felices, pesan moito no decorrer da trama, onde, ao final, triunfa o amor.

Un retrato real, traumático, dun feito que se pode ver acotío e unha chamada á solidariedade e á colaboración de todos.

Pepe Carballude é escritor, tradutor é licenciado en Filoloxía Clásica. Exerceu de profesor de latín no Instituto Neira Vilas. Aparte da súa traxectoria profesional na que destacan traducións de poetas latinos ou a obra A vida diaria dos romanos, ten un longo percorrido na literatura galega, con títulos como: O xílgaro pintorOs gazafellos (Premio Barco de Vapor 1986), Mimos e máis mimosInvestigación 091Andainas de Pedro ChoscoS.O.S, ¡Maldito DNI!, Paisaxe con fondo grisRomaxe de desventurasA fraga misteriosaO deus desaparecido (Premio Barco de Vapor 1990), O talismán dos druídasMiña avoa ten 13 anosXograres dun tempo novoAndrea quere ser maiorDe como o Santo dos Croques se fai peregrino (Premio Barco de Vapor 2002) e Marxinados, entre outros.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

A quen vai dirixido?

Mocidade e persoas adultas

Data do evento

Xoves 13 de febreiro

Horario

19:00 h.

Lugar de Celebración