Actividades culturais

Atrás RUTA POLOS VIÑEDOS E OLARÍA DA RIBEIRA SACRA DO CABE E O SIL

O vindeiro sábado 26 de abril terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros.

Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

Esta saída contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23 euros.

  • As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 15 de abril ás 10.00 horas.

 No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes rexistradas entre o martes 15 de abril ás 10.00 horas e o mércores 16 ás 14.00 horas, na sede electrónica, no catálogo de trámites, ámbito de cultura. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas

Punto inicio: San Miguel de Rosende (Sober)

Punto final: Os Chancís(Sober)

Lonxitude: 12,5 km

Dificultade: media

PUNTOS DE INTERESE

  • Reserva de Biosfera Ribeira Sacra e Serras de Oribio e Courel
  • ZEC Canóns do Sil
  • Paisaxe tradicional :viñedos en socalcos
  • Canón do río Cabe
  • Canón do Sil
  • Muíños do río Xábrega
  • Miradoiro  e embarcadoiro dos Chancís

VISITA CULTURAL:

Rectoral de Gundivós. Olaría tradicional

Data do evento

26 DE ABRIL

Inscricións

As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 15 de abril ás 10.00 horas.

Prezo

23,00 EUROS

Medios de contacto

cultura@oleiros.org

INSCRICIÓN