A conservación do papel é moi complexa e para dar a coñecer algunhas das técnicas de traballo dos restauradores especializados nesta disciplina contaremos coas explicacións da restauradora do Arquivo do Reino de Galicia, Eva García Amador.
Maiores de 16 anos (terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros)
7, 9 e 10 de maio (a actividade ten unha duración de tres xornadas, é obrigatorio poder asistir ás tres para inscribirse)
1ª quenda: de 16.00 a 18.00 h
2ª quenda: de 18.00 a 20.00 h
Escola Municipal de Olería (centro cultural As Torres de Santa Cruz, ao fondo do xardín)
Do 15 ao 30 de abril (o sorteo das prazas terá lugar o 2 de maio e, ese mesmo día, notificarase ás persoas que acaden praza)
de balde
Telf.: 981 626 692
Correo: museos@oleiros.org