TEATRO: Boa sorte, mala fama

O sábado 22 de marzo ás 20:30 horas o Auditorio Gabriel García Márquez acollerá a obra teatral Boa sorte, mala fama da compañía Tarabela Creativa e dirixida por Carmen Conde. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través da web www.giglon.com e desde unha hora antes na billeteira do auditorio.


Boa sorte, mala fama nace da necesidade de contar, precisamente, aquilo do que pouco se fala; da mala fama que gañamos, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte... igual que as andoriñas, consideradas aves de bo agoiro xa que alí onde aniñan traen boa fortuna, mais tamén son molestas polo canto agudo que proxectan ademais de emporcalo todo. Boa sorte, pero mala fama... ningún animal se parece tanto aos emigrantes galegos.


Autoría: Carmen Conde
Dirección: Carmen Conde
Elenco: Carmen Conde (narración oral), Mariña Pena e Nastasia Zürcher (música ao vivo)
Xénero: teatro l Duración: 120 min
Público: adulto (maiores de 12 anos)
Prezo: 4 euros
 

  tickets

FOTO-BOA SORTE MALA FAMA
Data
sábado, 22 marzo 2025 20:30  -  22:30
Localización
 

Auditorio Gabriel García Márquez, Oleiros