DANZA: É difícil fotografar o baleiro

Danza contemporánea o sábado 26 de abril no auditorio Gabriel García Márquez

O sábado 26 de abril ás 20:30 horas o Auditorio Gabriel García Márquez acollerá o espectáculo de danza contemporánea É difícil fotografar o baleiro do Colectivo  D´Elas. As entradas teñen un prezo de 6 euros e pódense adquirir a través da web www.giglon.com e desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

En conmemoración do Día Internacional da Danza, o García Márquez acollerá o sábado 26 de abril un espectáculo de danza que aposta por atopar se existe algo máis aló do corpo. A través das experiencias de seis corpos moi diversos o espectador atoparase coa superficialidade da identidade, cunha busca dunha esencia que nunca se pode atrapar. As dinámicas xera¬das entre estas seis intérpretes, mergullan o espectador nun tránsito entre corpos baleiros e corpos que aluden á intuición, á transcenden¬cia, á ilusión, e que procuran máis aló da súa propia carne.

Nunha viaxe entre os cantos gregorianos e a música techno de LLXNTO e Bruno Baw, as seis bailarinas amosan corpos virtuo¬sos pero humanos, con capacidades extraordinarias, pero coas limitacións de ser mortais. 

É difícil fotografar o baleiro é un mundo plástico que por momentos léva-nos a ver a música a través dunha masa de corpos, e por momentos atopámonos mergulladas na intimidade do individuo, no seu baleiro.


Autoría: Colectivo D’Elas
Dirección: Julia Laport Rivas
Elenco: Martín Sanjurjo, Eloi García, Noelia Mato, Andrea Castro, Iria Casal e Myriam González
Xénero: danza contemporánea 
Duración: 60 min
Público: adulto (a partir de 12 anos) 
Prezo: 6 euros

FOTOGRAFAR O BALEIRO
Date
Saturday, 26 April 2025 20:30  -  21:30
Location
 

Auditorio Gabriel García Márquez, Oleiros