Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

O Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga está aberto a toda a cidadanía na súa sede das antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora. 

Este centro de recursos de información e documentación funciona de forma similar a unha biblioteca, mais os seus fondos e servizos están especializados no eido ambiental. Forma parte ademáis do RECIDA - Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental- xunto a outras 140 unidades de información especializadas de outras Comunidades Autónomas coas que traballa en rede.
O horario é:
•    Luns a xoves: 10 a 14 h. / 16 a 19 h.
•    Venres: 9 a 14 h.

E a dirección: Rúa Casares Quiroga, 29, Liáns (Oleiros).
Para calquera dúbida ou consulta, o equipo de documentación está a disposición de todas as persoas interesadas no teléfono habitual do CEIDA (981 630 618) ou no correo documentacion@ceida.org 
E se aínda non coñece o funcionamento do centro, pode atopar toda a información na web:

https://www.ceida.org/gl/biblioteca-e-documentacion/o-centro-de-documentacion